11.11.13

ESTADOS ALOTRÓPICOS DO FERRO


Aqui tedes unha excelente unidade didáctica sobre materiais

Cristais metálicos: o aspecto exterior ven condicionado pola estrctura cristalina 


Microfotografía dun aceiro

6.11.13

PROPIEDADES DOS MATERIAIS


Obxectivos
Identificar as características de cada tipo de enlace e as propiedades das substancias que os posúen.
Recoñecer a existencia de estructuras cristalinas e distinguilas do estado amorfo.
Enumerar e definir correctamente as propiedades mecánicas dos materiais.
Apreciar a importancia dos materiais cerámicos polas súas propiedades e aplicacións.
Recoñecer as aliaxes pola súa composición e distinguilas en función dos seus elementos constituíntes.
Interpretar correctamente o diagrama de solidificación dunha aliaxe binaria.
Recoñecer as características dos aceiros de alta aliaxe máis comunmente empregados.
Distinguir e clasificar os tratamentos dos metais e describir algúns deles.
Diferenciar a oxidación da corrosión e recoñecer as diferentes formas en que pode presentarse esta última.
Distinguir e clasificar as técnicas de protección dos metais contra a corrosión e describir algunhas delas.
Aplicar os coñecementos sobre materiais e as súas propiedades á análise dun sistema técnico.


Conceptos.
Enlaces químicos.
Estructuras cristalinas: estructura cristalina dos metais.
Modificación das propiedades dos metais.
Aliaxes: elementos constituíntes. Diagramas de solidificación das aliaxes.
Aceiros aliados.
Tratamentos térmicos: recocemento, normalización, tempero e revenido.
Tratamentos termoquímicos: cementación, cianuración, nitruración e sulfinización.
Tratamentos superficiais: metalización e cromado duro.
Oxidación e corrosión. Protección contra a corrosión: modificación química da superficie, recubrimentos non metálicos, recubrimentos metálicos, protección catódica. Inhibidores da corrosión. 
Materiais cerámicos: propiedades e aplicacións.  

Procedementos
Interpretación de diagramas de solidificación de aliaxes é cálculos básicos.
Clasificación dos tratamentos a que se someten os materiais para mellorar as súas calidades técnicas.
Análise dun sistema técnico para determinar a idoneidade dos materiais empregados.
Actitudes, valores e normas
Educación do consumidor: recoñecemento da importancia que teñen os tratamentos dos materiais.
Interese por diferenciar materiais que, tendo apariencia externa semellante, responden de modo diferente a certas esixencias mecánicas.


5.11.13

24.10.13

18.10.13

OLEOHIDRAÚLICA

Conceptos:

Propiedades xerais dos fluídos: densidade, viscosidade e resistencia oleodinámica.

Fluídos oleohidráulicos.

Circuítos oleohidráulicos.

Bombas: de engrenaxes e de paletas.

Válvulas distribuidoras: de carril e electroválvulas.

Elementos de traballo: cilindros e motores.

Elementos auxiliares.

Manobras con circuítos oleohidráulicos.
Comparación Neumática-hidraúlica



Procedementos:

Análise dun sistema automático no que se emprega un circuíto oleohidráulico.

Representación esquematizada de circuítos oleohidráulicos.

Interpretación de esquemas de circuítos oleohidráulicos.

Cálculo de  características dun cilindro oleohidráulico

26.9.13

25.9.13

ELEMENTOS DE NEUMATICA

Aqui podes atopar unhas animacións para entender os funcionamento dos circuitos de neumática





Nesta páxina terás unhas máis sinxelas



25.5.13

PREPARANDO AS PAAU

Algunhas referencias para axudar a preparación das PAAU



  • Para o alumnado que non cursou Electrotecnia ven ben revisar coñecementos de 1º e traballar o tema de motores. Esta presentación pode servir:

15.5.13

7.4.13

Circuitos integrados

Multiplexador: ficha de datos

Aqui podes atopar os identificadores dos integrados que desexes e logo podes descargar a ficha correspondente aquí

Páxina dunha ficha:



 

Brazo robótico Alumnos do IES Ortigueira

Podes ver o funcionamento neste video

2.4.13

DIXITAL: MÁIS RECURSOS

Unha moi interesante páxina dun profe de Tecno: R. López

Outra , in English.


Ascensor 1


Trátase de un ascensor que funciona entre baixo e piso. Hai dou sensores P1 e P0 que dan un 1 sempre que o ascensor estea no 1º piso (P1) ou no baixo (P0).
O control do ascensor faise cos botóns de maneira que se prememos no B1 o ascensor subirá se está no baixo ou baixara se está no primeiro. No caso de B0 se o prememos o ascensor subirá se está no baixo e baixará se está no primeiro.

Exercicios

Ejercicios Circuitos digitales

Memorias


Para este apartado do tema é imprecindible traballar iste artigo da Wikipedia

8.3.13

Materias: a nosa wiki

Wikispaces
Wikispaces

24.1.13

Sobre ensaios de materiais


Para ver ensaios de tracción podedes ir aquí ou aquí. Ou aqui Lembrade que en ingles o diagrama tensión-deformación é Stress- strain diagram Flexión é bending

Nesta dirección accedes a un simulador de ensaios de tracción..
Aqui tedes outro simulador de ensaios de tracción para o aceiro


Podes aproveitar para ver outros materiais relacionados con este tema aquí

16.1.13

DIXITAL 1

Para unha primeira aproximación ide ó apartado de Electrónica dixital desta páxina de C. Capell. Hai un simulador de fácil manexo. Tamen aqui, na páxina de Ryan podedes atopar unha explicación elemental.
Aquí podedes descargar unha aplicación para simplificar con Karnaugh e aquí unha ben sinxela e ademais online

Na páxina de Tecnoloxía do IES Primeiro de Marzo de Baiona podedes atopar un enlace para descargar unha versión de Cocrodile coa que construir circuitos dixitais.

Hay un bon simulador online para xogar con portas lóxicas, aqui.
Outro mais aquí.

9.1.13

Sera certo?

6.1.13